Secretaría Uvigo

RESOLUCIÓN REITORAL DO 18 DE XANEIRO DO 2024 POLA QUE SE PUBLICA A CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA DELEGACIÓNS DE ESTUDANTADO DA UNIVERSIDADE DE VIGO NO CURSO 2023-2024.

TipoAsociacionismo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoAXUDAS_DELEGACIÓNS ESTUDANTADO 23_24
Data inicio solicitudes20/01/2024
Data fin solicitudes29/02/2024
Descripción

O obxectivo desta convocatoria é fomentar a participación e representación estudantil das delegacións de estudantado da Universidade de Vigo con outras universidades e institucións.

 Establécense 2 modalidades en función da súa finalidade:

  • Modalidade A: Axudas para sufragar os gastos, de xeito total ou parcial, derivados da asistencia a reunións, asembleas ou congresos organiza dos por colectivos de estudantado de outras universidades ou institucións.
  • Modalidade B: Axudas para sufragar os gastos, de xeito total ou parcial, derivados da organización de reunións, asembleas ou congresos para colectivos de estudantado de outras universidades o institucións celebrados na Universidade de Vigo.

Quedan excluídas da presente convocatoria actividades organizadas con motivo dos patróns dos centros e a organización de cursos ou obradoiros, para o que xa existen convocatorias específicas.

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Taboleiro da UVigo: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=36006660
Correo electrónico: Servizo de Xestión da Extensión Universitaria
Teléfono: 986813626

RR relación definitiva de solicitudes admitidas e excluidas

Descrición

Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Previsión de resolución de axudas e importes concedidos: mediados de abril de 2024 

Documentos da fase da convocatoria:

RR relación provisional de solicitudes admitidas e excluidas

Descrición

Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Establécese un prazo de 5 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación desta resolución
no taboleiro electrónico, para emendar os erros, achegar a documentación requirida ou
presentar as alegacións que consideren oportunas.

 

Documentos da fase da convocatoria:

RR relación provisional de solicitudes concedidas e denegadas

Observacións

Prazo de 5 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro
electrónico, para emendar os erros, achegar a documentación requirida ou presentar as alegacións que consideren oportunas. Para tal fin a persoa que represente á delegación presentará a documentación de alegacións a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) entrando no procedemento “Emenda e mellora da solicitude” e facendo referencia ao número de rexistro da solicitude.

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás