Secretaría Uvigo

Bolsas de formación en educación ambiental (Green Campus), curso 2023/2024

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2023_2024 Green Campus
Data inicio solicitudes28/12/2023
Data fin solicitudes19/01/2024
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/12559
Descripción

OBXECTO:

Fomentar unha mellor formación teórica e práctica do estudantado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación na que se matricula.

Requisitos

• Posuír nacionalidade española, dalgún outro país da Unión Europea, ou de países non comunitarios acreditando a condición de residente en España a 31 de decembro de 2022 (non é suficiente o permiso de estadía por estudos).
• Estar matriculado/a no curso 2023/2024 no Grao en Enxeñaría Forestal.
• Ter superado o 50% dos créditos da titulación do Grao. O último día de presentación das solicitudes será o que se teña en conta aos efectos de determinar a superación destes créditos.
• Non ter gozado con anterioridade dunha bolsa de formación da Universidade de Vigo durante máis de doce meses, de forma consecutiva ou descontinua. O cómputo do tempo farase de data a data.

Documentacion

SOLICITUDE:

As persoas solicitantes deberán empregar o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/12559 descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, poñendo no Asunto “bolsa de formación Green Campus” achegando unicamente o arquivo coa solicitude.

O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte a publicarse esta convocatoria e remata o 19 de xaneiro de 2024 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

A presentación fóra de prazo suporá a non admisión a trámite da solicitude.

DOCUMENTACIÓN:

Xunto coa solicitude deberán subir a seguinte documentación ao formulario en liña (non hai que subir a documentación a sede electrónica) :

  • Certificación académica dos estudos realizados no caso de que se realizaran nunha universidade distinta á de Vigo.

 

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: Enderezo electrónico
Teléfono: 986 81 40 94
Web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion
Taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=35695994

24/01/2024 Listaxe provisoria de solicitudes excluídas

Observacións

Establecer un prazo de alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 8 de febreiro ás 23:59 horas (hora peninsular española) 

Para tal fin deberán empregar o formulario de alegacións existente na Secretaría Virtual.

Enlace a taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

12/02/2024 Listaxe definitiva de solicitudes excluídas

Observacións

Enlace a taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

15/03/2024 Declaración deserta e pechada

Observacións

Enlace a taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás