Secretaría Uvigo

Convocatoria de prazas de intercambio con países extracomunitarios 2024-2025

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoBolsas propias 2024-2025
Data inicio solicitudes30/11/2023
Data fin solicitudes15/12/2023
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://uvigo.moveon4.de/form/641465fc873d2a283211b7e3/glg
Descripción

Resolución Reitoral pola que se establecen as bases reguladoras e se aproba a convocatoria de prazas e bolsas propias para a selección de estudantes, no marco dos convenios asinados entre a Universidade de Vigo e países extracomunitarios e no marco do programa erasmus+ estudos para o curso 2024-2025

Requisitos

Os establecidos no punto 2 das bases da convocatoria: 

Requisitos académicos

  • Estar matriculado/a no curso académico 2023-2024 nalgunha das titulacións oficiais de grao ou de mestrado universitario que se ofertan na Universidade de Vigo ou en centros adscritos de titularidade pública que imparten titulacións non impartidas en centros propios (Enfermaría Ourense, Enfermaría Pontevedra e Enfermaría Meixoeiro).
  • No caso de estudos de mestrado universitario oficiais, deberán ser titulacións de máis de 60 créditos.
  • O estudantado deberá estar matriculado na Universidade de Vigo no curso académico 2024-2025 durante o seu período de intercambio.
  • No caso de solicitar destinos con financiamento Erasmus+, non poderá realizarse unha estadía inferior a 2 meses nin superior a 12 meses. Ademais, no caso de ter realizado anteriormente outras estadías Erasmus+, a suma de todas elas non poderá superar os 12 meses en total en cada ciclo de estudos, grao ou mestrado universitario. Neste cómputo inclúense tanto as bolsas Erasmus+ Estudos como as de prácticas e as realizadas nun ciclo superior de Formación Profesional.
  • As estadías poderán realizarse entre o 1 de xullo de 2024 e o 31 de xullo de 2025. 
  • O número mínimo de créditos que se incluirán no acordo de estudos será de 36 créditos para mobilidades anuais e de 18 créditos para mobilidades semestrais. Poderán incluír menos créditos:
    • Cando a propia normativa da universidade de destino impida unha matrícula de mais créditos ECTS.
    • Estudantado con discapacidade recoñecida de máis do 65%.
    • Estudantado con necesidades de apoio educativo adscrito ao programa PIUNE, previo informe favorable da Comisión Técnica de Atención á Diversidade (COATEN).
    • Se a normativa do centro o permite.
  • O estudantado matriculado en PCEOs rexerase pola normativa do centro responsable dos programas de intercambio da titulación
  •  
  • Requisitos específicos das prazas

Os requisitos específicos para cada unha das prazas aparecen detallados na relación de prazas do anexo III. 

Documentacion
  • Proposta de estudos (anexo IV): Deberá presentar unha proposta asinada por cada un dos destinos solicitados asinada polo/pola solicitante e pola persoa responsable de relacións internacionais do seu centro.
  • Certificacións oficiais de coñecemento de idiomas estranxeiros esixidos pola universidade de destino, que deberá acreditarse mediante a presentación das seguintes certificacións oficiais:

https://www.acles.es/uploads/archivos/Tablas_ACLES/Tablas_de_certificados_reconocidos_por_ACLES_2023_02_03.pdf

  • Certificado de mobilidade, no caso do estudantado que gozase dunha bolsa Erasmus+ durante o ciclo superior de Formación Profesional, que deberá indicar o número exacto de meses e días de estadía realizados.
  • Documentos acreditativos da condición de estudantado con menos oportunidades

 

Documentos da convocatoria

17/01/2024 - R.R. pola que se publican as listaxes provisonales de solicitudes admitidas a trámite e excluídas bolsas propias 2024-2025

Descrición

R.R. pola que se publican as listaxes provisonales de solicitudes admitidas a trámite e excluídas bolsas propias 2024-2025

Documentos da fase da convocatoria:

23/02/2024 - R.R. pola que se publican as listaxes definitivas de solicitudes admitidas a trámite e excluídas bolsas propias 2024-2025

Descrición

R.R. pola que se publican as listaxes definitivas de solicitudes admitidas a trámite e excluídas bolsas propias 2024-2025

Documentos da fase da convocatoria:

28/02/2024 - R.R. pola que se publican as listaxes provisorias de persoas candidatas seleccionadas e en agarda bolsas propias 2024-2025

Descrición

28/02/2024 - R.R. pola que se publican as listaxes provisorias de persoas candidatas seleccionadas e en agarda bolsas propias de países extracomunitarias 2024-2025

Documentos da fase da convocatoria:

15/03/2024 - R.R. pola que se publican as listaxes definitivas de persoas seleccionadas e en agarda bolsas propias 2024-2025

Descrición

15/03/2024 - R.R. pola que se publican as listaxes definitivas de persoas seleccionadas  e en agarda bolsas propias 2024-2025

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás