Secretaría Uvigo

Axudas á etapa de formación posdoutoral da Xunta de Galicia_Procedemento interno

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoPOSDOU_XUNTA_23
Data inicio solicitudes14/07/2023
Data fin solicitudes02/08/2023
Descripción

Convocatoria de axudas pola Xunta de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para a contratación de persoas tituladas superiores que obtiveran o recoñecemento do título de doutora ou doutor para a súa formación nos centros, unidades ou departamentos das universidades do SUG permitindo a mellora das súa capacidades mediante estadías de investigación posdoutoral no estranxeiro ou, en casos excepcionais, en centros de I+D+i de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos

Os sinalados no artigo 2 da convocatoria de axudas. 

ORDE do 6 de xullo de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023(códigos de procedemento ED481B e IN606B).

Documentacion

A previsión é que a convocatoria se publique no DOG o 20/07/2023 para adiantar trámites, solicitamos que as persoas interesadas nos remitan pola sede electrónica da Universidade de Vigo antes das 23.59 horas do día 19 de xullo de 2023 a declaración de intencións conforme formulario adxunto.

A declaración de intencións das persoas estranxeiras que non teñan acceso á sede electrónica poderá será presentada pola persoa que coordina o grupo de investigación no que se integrará no caso de ser seleccionada.

 

Observacións

Para poder presentar unha candidatura avalada pola Universidade de Vigo, é imprescindible seguir os pasos sinalados no documento «Procedemento para a presentación de candidaturas» que se publicará neste taboleiro de convocatorias en canto a convocatoria de axudas sexa publicada no DOG pola Xunta de Galicia.

Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Enlace á Secretaría Xeral de Universidades: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/40463
Atrás