Axudas para incentivar a consolidación investigadora_Declaracións de Interese
Tipo | Recursos Humanos |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | CONSOLIDACIÓN_23 |
Data inicio solicitudes | 07/07/2023 |
Data fin solicitudes | 12/07/2023 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://www.aei.gob.es/convocatorias/buscador-convocatorias/consolidacion-investigadora-2022 |
Descripción | A finalidade destas axudas é fomentar a consolidación da carreira profesional de persoas investigadoras para que poidan desenvolver a súa carreira profesional dentro do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e de Innovación (SECTI) , incentivando a creación de prazas de carácter permanente nas institucións de adscrición e facilitando o inicio ou o afianzamento dunha liña de investigación mediante o financiamento dun proxecto propio de I+D+i así como a adecuación e renovación dos espazos e laboratorios e a mellora do equipamento necesarios para a súa execución. |
Requisitos | As solicitudes serán individuais de cada investigadora ou investigador que actuará como IP e poderán presentar unha solicitude o seguinte persoal investigador sempre que cumpra os requisitos establecidos pola convocatoria: GRUPO 1. Sen vinculación permanente na Universidade de Vigo Figuras que deben dispoñer da acreditación I3/R3 á data de fin de presentación de declaracións de interese.
Figuras que deben dispoñer da acreditación I3 ou que teñan solicitado o R3 á data de fin de presentación de declaracións de interese.
Figuras que deben dispoñer da acreditación I3 ou que teñan solicitado o R3 á data de fin de presentación de declaracións de interese ou título de doutor/a anterior a 01/01/2016.
Avalaranse un máximo de 10 candidaturas dentro deste grupo que serán seleccionadas pola Comisión de Investigación tendo preferencia quen dispoña de acreditación a titular de universidade cos seguintes criterios:
No caso de que non se chegue ao máximo de 10 candidaturas que cumpran os criterios anteditos, poderán admitirse candidaturas con acreditación a profesorado contratado doutor ordenadas do seguinte xeito:
O persoal investigador que pertenza a este grupo deberá solicitar necesariamente o incentivo para a creación e cobertura dunha praza permanente na súa área de coñecemento.
GRUPO 2. Con vinculación permanente na Universidade de Vigo. O persoal con vinculación laboral ou funcionarial permanente interesado en presentar unha solicitude debe cumprir os seguintes requisitos:
|
Documentacion | Tramitación da declaración de interese
|
Documentos da convocatoria | |
Ligazóns da convocatoria | |
Enlace Agencia Estatal de Investigación: | https://www.aei.gob.es/convocatorias/buscador-convocatorias/consolidacion-investigadora-2022 |