Secretaría Uvigo

Bolsas de mobilidade para o alumnado de Doutoramento, 2022/2023

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2022_2023Mobilidade Doutoramento
Data inicio solicitudes14/06/2023
Data fin solicitudes22/09/2023
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/11462
Descripción

 OBXECTO

Estas bolsas teñen por obxecto contribuír a paliar os gastos ocasionados ao estudantado da Universidade de Vigo matriculado nos programas de doutoramento, con motivo da realización de estadías que permiten o recoñecemento de mención internacional, e demais actividades incluídas na súa programación académica que impliquen desprazamento.

Requisitos
  1. Estar matriculado na Universidade de Vigo no período de tutela de tese no curso académico 2022/23 nalgún dos programas de doutoramento da Universidade de Vigo.
  2. Realizar durante o curso 2022/2023 a actividade (de acordo coa súa programación académica) que implique o desprazamento a outras universidades participantes no programa de doutoramento, a outros centros de investigación, ou a asistencia a congresos e cursos. No caso de estadías de investigación deberá ter unha duración mínima de 28 días.
  3. O desprazamento terá que estar finalizado antes do 01/11/2023, e non poderá conter períodos de baixa temporal no programa de doutoramento.
  4. Contar co informe favorable das persoas directoras da tese e da comisión académica do programa de doutoramento (CAPD).
  5. Ter aprobado pola CAPD o Plan de Investigación.
  6. Para estudantado que ingresara no curso 2020/21 ou anterior, ter aprobadas pola CAPD as avaliacións anuais que pola súa situación lle sexan esixibles:
    • Con carácter xeral ter aprobada a avaliación anual do curso 2021/22.
    • Para estudantado que tivera períodos de baixa no programa de doutoramento, aplicarase unha condición equivalente considerando os seus períodos de alta no programa.
      • Con carácter xeral ter aprobada a avaliación anual do curso 2020/21.
      • Para estudantado que tivera períodos de baixa no programa de doutoramento, aplicarase unha condición equivalente considerando os seus períodos de alta no programa.
Documentacion

As persoas solicitantes deberán encher o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/11462, descargalo e presentalo na Sede Electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, e pór como asunto “Bolsas EIDO mobilidade doutoramento”,  achegando unicamente o arquivo coa solicitude.

Así mesmo deberán subir a seguinte documentación ao formulario en liña (non hai que subir a documentación á sede electrónica):

  • Descrición da estadía para a que solicita a bolsa (Anexo II): desprazamento a realizar, lugar de destino, institución ou congreso/curso, duración do desprazamento, proposta da actividade a realizar no destino, e orzamento.

Esta proposta deberá contar co informe favorable das persoas directoras da tese e da comisión académica do programa de doutoramento

  • No seu caso, copia doutras solicitudes de bolsa para a mesma estadía ou asistencia que se tivesen presentado tanto en institucións, entidades ou fundacións públicas e privadas.
Observacións

As persoas beneficiarias das bolsas están obrigadas a:

  • Destinar a axuda á finalidade para a que foi concedida.
  • Enviar á Sección de Bolsas no prazo de un mes desde a finalización da actividade subvencionada a documentación que acredite a asistencia ao curso/congreso ou estadía na que figuren as datas de inicio e fin.
  • No caso de obter unha subvención para a mesma finalidade con posterioridade á solicitude da bolsa, as persoas beneficiarias deberán comunicalo por escrito á Sección de Axudas e Bolsas.
Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986814094
Web:: https://www.uvigo.gal/es/estudiar/gestiones-estudiantes/becas/becas-movilidad
Taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=70A7669E538FA498FB8BC105E03374CF?idtaskdata=32424343

13/10/2023Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 27 de outubro ás 23:59 horas (hora peninsular española) 

Enlace a taboleiro

 

Documentos da fase da convocatoria:

08/11/2023 Resolución reitoral de solicitudes excluídas definitivas

Observacións

Enlace ao Taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

13/11/2023 Listaxe provisoria de persoas con bolsa concedida

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 27 de novembro ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Para tal fin, deberán empregar o formulario de alegacións existente na secretaría virtual.

Documentos da fase da convocatoria:

01/12/2023 Listaxe persoas con axuda concedida definitiva

Observacións

Resolución reitoral pola que se publica a listaxe definitiva de persoas con bolsa concedida e denegada nas bolsas de mobilidade da Escola Internacional de Doutoramento (EIDO) para o estudantado de Programas de Doutoramento da Universidade de Vigo, 2022/2023

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás