Secretaría Uvigo

Premios “Innovación Sostible da Cátedra Telefónica-UVigo”, 2022/2023

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2022_2023 Cát. Telefónica
Data inicio solicitudes25/07/2023
Data fin solicitudes27/10/2023
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/12411
Descripción

OBXECTO:

Esta convocatoria ten por obxecto o recoñecemento dos Traballos de fin de Máster (TFM) realizados polo alumnado da Universidade de Vigo que se distingan por ser especialmente relevantes nas temáticas relacionadas con obxectivos de desenvolvemento sostible.  En concreto se premiaran os traballos que presenten propostas de innovación que aborden melloras aos problemas da humanidade relacionados cos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) da Axenda 2030.  https://www.agenda2030.gob.es/objetivos/

Nº de PREMIOS: 5

CONTÍA: 500 €

Requisitos

Pode participar nesta convocatoria o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

  • Ter superado o Traballo fin Máster (TfM) durante o curso 2022/2023 na Universidade de Vigo cunha cualificación igual ou superior a 7 puntos.
  • A temática do TfM debe estar relacionada con algún dos 17 obxectivos da Axenda 2030: para a comprobación do requisito deberá presentar xunto coa solicitude un informe do traballo de acordo coa descrición do punto 5.3 desta convocatoria.

Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións, de 17 de novembro.

Documentacion

No formulario en liña achegarase a seguinte documentación (non hai que subir a documentación á sede electrónica):

  • Informe do traballo resaltando o Obxectivo da Axenda 2030 relacionado co traballo e as metas ás que pode contribuír, a súa innovación, posibilidade e viabilidade do seu desenvolvemento e repercusión social. O informe terá unha extensión máxima de 10 páxinas en formato pdf e constará das seguintes partes:
  • Presentación (Titulo do traballo, Autor, Centro, ODS obxectivo
  • Resumo do Traballo Fin de Master
  • Propostas e desenvolvemento do traballo no contexto da Axenda 2030 e de acordo cos              criterios do punto 6
  • Conclusións.
  • Copia en formato pdf do Traballo Fin de Máster 

 Tamén se lles poderá requirir que acheguen outra documentación que resulte necesaria para a correcta avaliación de requisitos e méritos alegados. O feito de non achegar a documentación requirida será causa de exclusión.

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986814094
web: https://www.uvigo.gal/es/estudiar/gestiones-estudiantes/becas/premios
Taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=33207798

09/11/2023 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas : Premios Innovación Cátedra Telefónica

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 16 de novembro ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Para tal fin deberán empregar o formulario en liña disponible na Secretaría Virtual.

Enlace a taboleiro

 

 

Documentos da fase da convocatoria:

17/11/2023 Resolución reitoral pola que se publica a listaxe definitiva de solicitudes excluídas: Premios Innovación Sostible da Cátedra Telefónica-UVigo

Observacións

Enlace a taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

11/12/2023 Listaxe provisoria de persoas con premio concedido, denegada e listaxe de agarda

Descrición

Enlace a taboleiro

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 18 de decembro ás 23:59 horas (hora peninsular española)

Documentos da fase da convocatoria:

19/12/2023 Listaxe definitiva de persoas con premio concedido e denegado

Observacións

Enlace a taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás