Secretaría Uvigo

Bolsas de mobilidade para a preparación de competicións internacionais oficiais nos ambitos universitario e/ou federado, 2023-2024

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2023-2024 Mobilidade Deportistas Universitarios de Elite
Data inicio solicitudes07/07/2023
Data fin solicitudes13/10/2023
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/11482
Descripción

OBXECTO

O programa de bolsas a deportistas universitarios de elite ten como obxectivo apoiar o labor daqueles/as estudantes da Universidade de Vigo que durante o ano 2024 vaian participar en competicións oficiais mundiais no ámbito do deporte universitario ou en competicións europeas ou mundiais no ámbito do deporte federado.

Concederanse un máximo de tres axudas destinadas a financiar o custo das actividades desenvolvidas no marco das competicións.

A contía máxima de cada bolsa é 1.500 € e se lle aplicará a retención fiscal que corresponde segundo a lexislación vixente.

Requisitos
  1. Estar matriculado/a no curso académico 2023/2024 en titulacións oficiais de grao, mestrado universitario ou doutoramento na Universidade de Vigo.
  2. Ter participado nos anos 2022 e/ou 2023 nalgunha das seguintes competicións:
    • ámbito federado: Campionatos Mundiais, Campionatos de Europa ou Campionatos de España.
    • ámbito universitario: Xogos Mundiais ou Campionatos Mundiais da FISU.

Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003 xeral de subvencións, de 17 de novembro

Documentacion

SOLICITUDE:

As persoas solicitantes deberán empregar o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/11482, descargalo e presentalo na Sede Electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, poñendo en asunto “Achegas a deportistas de elite”. Só se poderá presentar unha solicitude por persoa.

O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte a publicarse esta convocatoria e finaliza o 13 de outubro de 2023 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

DOCUMENTACIÓN

No formulario en liña achegarase a seguinte documentación (non hai que subila á sede electrónica):

  • Documentación acreditativa da participación en competicións mundiais universitarias da FISU e nas competicións oficiais federadas de ámbito nacional, europeo ou mundial.
  • Proxecto deportivo de preparación encamiñada á participación nunha competición mundial oficial de ámbito universitario ou nunha competición oficial federada de ámbito europeo ou mundial no ano 2024.
  • Informe da Federación Galega ou Española correspondente que avale o proxecto.

Tamén se lles poderá requirir que acheguen outra documentación que resulte necesaria para a correcta avaliación de requisitos e méritos alegados.

Observacións

OBRIGAS

As persoas beneficiarias deben de cumprir as obrigas recollidas no artigo 14.1 da Lei 38/2013, de 17 de novembro, xeral de subvencións, que lle sexan de aplicación.

Estas persoas deportistas colaborarán activamente coa Área de Benestar, Saúde e Deporte na promoción e desenvolvemento dun estilo de vida activo e saudable.

Tamén haberán de achegar unha memoria que recolla os contidos da preparación para a competición obxecto do proxecto e o resultado acadado na mesma. No caso de imposibilidade de participación no evento deportivo, haberán de informar dos contidos realizados e incluír un informe federativo que reflicta os motivos da non asistencia.

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformación@uvigo.es
Teléfono: 986814094
Web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade
Taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=32758428

25/10/2023 listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 9 de novembro ás 23:59 horas (hora peninsular española) 

Enlace a taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

14/11/2023 Listaxe definitiva de solicitudes excluídas

Descrición

Resolución reitoral listaxe definitiva de solicitudes excluídas: enlace a taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

23/11/2023 Listaxe provisoria de persoas con bolsa concedida e listaxe provisoria de agarda

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 11 de decembro ás 23:59 horas (hora peninsular española)

Para tal fin epregar o formulario de alegacións existente na Secretaría Virtual

Enlace a taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

12/12/2023 Listaxe persoas axuda concedida definitiva

Observacións

Enlace a taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás