Secretaría Uvigo

Bolsas de Formación das Unidades e Áreas 2023/2024

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2023_2024 Unidades e Áreas
Data inicio solicitudes30/05/2023
Data fin solicitudes26/07/2023
Descripción

O obxecto da bolsa é fomentar unha mellor formación teórica e práctica do estudantado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación en que se matricula.

DURACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PERÍODO FORMATIVO

. A duración máxima do período formativo será de 8 meses e 15 días. Non se iniciará antes do 17 de outubro de 2023 e finalizará o 30 de xuño de 2024.

O número de horas de colaboración será de de 15 horas semanais para as bolsas-15 e de 10 horas semanais para as bolsas-10. Realizaranse tendo en conta os períodos lectivos e non lectivos do curso académico e a carga lectiva do bolseiro/a, quen poderá distribuír e compensar ata un 20% das horas de dedicación dun mes entre distintas semanas dentro do mesmo mes.

A contía individual será como máximo de 360€/mes para as bolsas de 15 horas e 240 €/mes para as bolsas de 10 horas. Estará suxeita á retención do IRPF e ás obrigas de cotización á Seguridade Social (cota obreira) que estableza na normativa vixente nestas materias.

Requisitos

Pode solicitar a bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

  • Posuír nacionalidade española, dalgún outro país da Unión Europea, ou de países non comunitarios acreditando a condición de residente en España a 31 de decembro de 2022 (non é suficiente o permiso de estadía por estudos).
  • Estar matriculado en centros propios no curso 2023/2024 e durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións oficiais de grao ou mestrado universitario sinaladas no anexo II, no campus en que se opta á bolsa. Para estes efectos terase en conta o estado da matrícula a día 18 de setembro de 2023.
  • No caso de matrícula en Grao ter superados o 50% dos créditos dos estudos de Grao nos que se matricula. Para estes efectos terase en conta o último día establecido pola universidade para presentar as actas de xullo que segundo o calendario académico é o 24 de xullo.
  • Cumprir os demais requisitos específicos sinalados no anexo II. Para estes efectos terase en conta que o último día establecido pola universidade para presentar as actas de xullo segundo o calendario académico é o 24 de xullo.
  • Non gozar con anterioridade dunha bolsa de formación complementaria da Universidade de Vigo durante máis de doce meses, de forma consecutiva ou descontinua. O cómputo do tempo farase de data a data.
Documentacion

As persoas solicitantes deberán empregar o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/11467, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede. No asunto indicará “Bolsas formación unidades e áreas” e achegará unicamente o formulario coa solicitude. Só se poderá presentar unha solicitude por persoa.

Así mesmo, deberán subir á plataforma do Santander dispoñible na web https://app.becas-santander.com/es/program/bolsas-formacion-en-unidades-e-areas-2023-2024  o xustificante de presentación na sede electrónica da UVIGO.

O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte de publicarse esta convocatoria e remata o 26 de xullo de 2023 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

As persoas solicitantes establecerán unha orde de prioridade nas bolsas solicitadas que será vinculante.

Xunto coas solicitudes deberán subir ó formulario en liña (non hai que subir a documentación á Sede Electrónica) a seguinte documentación:

  • Certificación académica dos estudos realizados no caso de que se realizasen nunha universidade distinta á de Vigo.
  • Os documentos que correspondan en cada caso segundo os criterios de selección establecidos no anexo ll:
    • Cursos relacionados co perfil formativo
    • Currículo
    • Documentación acreditativa doutros méritos establecidos no anexo II

Tamén se lles poderá requirir que acheguen outra documentación que sexa necesaria para a correcta avaliación dos requisitos e dos méritos alegados.

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformación@uvigo.es
Teléfono: 986814094
Web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion
Taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=32234540

01/09/2023 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 12 de setembro ás 23:59 horas (hora peninsular española). Para tal fin deberán empregar o formulario de alegacións existente na Secretaría Virtual.

Enlace a Taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

03/10/2023 Resolución reitoral de solicitudes excluídas definitivas

Observacións

Enlace a taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

20/10/2023 Listaxe provisoria de solicitudes con bolsa concedida, denegada e listaxe de agarda

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 27 de outubro ás 23:59 horas (hora peninsular española). Para tal fin deberán empregar o formulario de alegacións existente na Secretaría Virtual

Enlace a Taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

31/10/2023 Resollución reitoral de concesión definitiva

Observacións

A renuncia voluntaria unha vez iniciada a bolsa deberá realizarse mediante o formulario de renuncia existente na secretaría virtual e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo https://sede.uvigo.gal dirixido á Sección de Axudas e Bolsas e ao titor/a, cun mínimo de 15 días de antelación á data en que se fará efectiva a renuncia. A renuncia dará lugar á perda dos dereitos económicos correspondentes á parte da bolsa non realizada e á concesión da bolsa á seguinte persoa da listaxe de agarda previa resolución.

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás