Bolsas de formación en Centros Universitarios, 2023/2024
Tipo | Bolsa de formación |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | 2023_2024 Centros Universitarios |
Data inicio solicitudes | 30/05/2023 |
Data fin solicitudes | 26/07/2023 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/11469 |
Descripción | OBXECTO: Fomentar unha mellor formación teórica e práctica do alumnado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación na que se matricula. DURACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PERÍODO FORMATIVO: A duración máxima do período formativo será de 9 meses. Non se iniciará antes do 1 de outubro de 2023 e finalizará o 30 de xuño do 2024. O número de horas de colaboración será de 15 horas semanais CONTÍA: A contía bruta será como máximo 360 €/mes |
Requisitos |
Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. |
Documentacion | SOLICITUDES: As persoas solicitantes deberán empregar o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/11469, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede, no asunto indicará “Bolsas formación Centros”, e achegar unicamente o formulario coa solicitude. Só se poderá presentar unha solicitude por persoa. Así mesmo, deberán subir o xustificante de presentación na sede electrónica á plataforma do Santander dispoñible na web https://app.becas-santander.com/es/program/becas-santander-practicas-bolsas-formacion-centros-universitarios-2023-2024 Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Universidade de Vigo dispón de instrucións de axuda que deberán observar en todo momento as persoas solicitantes https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2020-06/Guia_rexistro_instancia_xenerica_gl.docx.pdf. No caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios, poderán dirixirse ao enderezo electrónico sede@uvigo.gal PRAZO: O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e remata o 26 de xullo de 2023 ás 23:59 horas (hora peninsular española). As persoas solicitantes deberán establecer unha orde de prioridade nas bolsas solicitadas que será vinculante. DOCUMENTACIÓN: Deberán subir a seguinte documentación:
O feito de non achegar a documentación requirida será causa de exclusión. Tamén se lles poderá requirir que acheguen outra documentación que sexa necesaria para a correcta avaliación dos requisitos e dos méritos alegados. |
Prazo para resolver | 3 meses |
Silencio administrativo | Desestimatorio |
Documentos da convocatoria | |
Ligazóns da convocatoria | |
Correo electrónico: | bolsasformación@uvigo.es |
Teléfono: | 986814094 |
Web: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion |
Taboleiro: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=32234134 |
01/09/2023 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas
Observacións | |
Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 11 de setembro ás 23:59 horas (hora peninsular española) Para tal fin deberán empregar o formulario de alegacións existente na Secretaría Virtual. | |
Documentos da fase da convocatoria: | |
28/09/2023 Resolución reitoral de solicitudes excluídas definitivas
Observacións | |
Documentos da fase da convocatoria: | |
13/10/2023 Listaxe provisoria de solicitudes con bolsa concedida e listaxe provisoria de agarda
Observacións | |
Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 20 de outubro ás 23:59 horas (hora peninsular española) a través do formulario de alegacións existente na Secretaría Virtual
| |
Documentos da fase da convocatoria: | |
23/10/2023 Resolución reitoral de concesión definitiva
Descrición | |
Observacións | |
A renuncia voluntaria deberá realizarse mediante o formulario de renuncia existente na Secretaría Virtual e presentado na sede electrónica da Universidade de Vigo https://sede.uvigo.gal dirixido á Sección de Axudas e Bolsas e o titor/a, cun mínimo de 15 días de antelación á data en que se efectuará a renuncia. A renuncia dará lugar á perda dos dereitos económicos correspondentes á parte da bolsa non realizada e á concesión da bolsa á seguinte persoa da listaxe de agarda tras resolución. | |
Documentos da fase da convocatoria: | |