Secretaría Uvigo

Bolsas de formación en Sistemas Informáticos, 2023/2024

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2023_2024 Sistemas Informáticos
Data inicio solicitudes30/05/2023
Data fin solicitudes26/07/2023
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/11466
Descripción

OBXECTO:

O obxecto da bolsa é fomentar unha mellor formación teórica e práctica do estudantado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación na que se matricula.

DURACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PERÍODO FORMATIVO:

A duración máxima do período formativo será de 10 meses. Non se iniciará antes do 1 de outubro de 2023 e finalizará o 31 de xullo de 2024.

O número de horas de colaboración será de 20 horas semanais para as bolsas-20, de 15 horas semanais para as bolsas-15 e de 10 horas semanais para as bolsas-10

CONTÍA:

A contía bruta será como máximo de:

  • 480 €/mes para a bolsa 20 horas/semanais
  • 360 €/mes para a bolsa 15 horas/semanais
  • 240 €/mes para a bolsa 10 horas/semanais
Requisitos

Pode solicitar a bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

  • Posuír nacionalidade española, dalgún outro país da Unión Europea, ou de países non comunitarios acreditando a condición de residente en España a 31 de decembro de 2022 (non é suficiente o permiso de estadía por estudos).
  • Estar matriculado en centros propios no curso 2023/2024 e durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións oficiais de grao ou mestrado universitario sinaladas no anexo II, no campus en que se opta á bolsa. Para estes efectos terase en conta o estado da matrícula a día 18 de setembro de 2023.
  • No caso de matrícula en Grao ter superados o 50% dos créditos dos estudos de Grao nos que se matricula. Para estes efectos terase en conta o último día establecido pola universidade para presentar as actas de xullo que segundo o calendario académico é o 24 de xullo.
  • Cumprir os demais requisitos específicos sinalados no anexo II. Para estes efectos terase en conta que o último día establecido pola universidade para presentar as actas de xullo segundo o calendario académico é o 24 de xullo
  • Non gozar con anterioridade dunha bolsa de formación complementaria da Universidade de Vigo durante máis de doce meses, de forma consecutiva ou descontinua. O cómputo do tempo farase de data a data.

Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

Documentacion

SOLICITUDE:

As persoas solicitantes deberán empregar o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/11466, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede. No asunto indicará “Bolsas formación sistemas informáticos” e achegará unicamente o formulario coa solicitude. Só se poderá presentar unha solicitude por persoa.

Así mesmo, deberán subir á plataforma do Santander dispoñible na web https://app.becas-santander.com/es/program/becas-santander-practicas-bolsas-formacion-sistemas-informaticos-2023-2024  o xustificante de presentación na sede electrónica da UVIGO.

No caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación, poderán dirixirse ao enderezo electrónico sede@uvigo.gal

O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para as persoas interesadas neste procedemento (art. 66.6 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). 

PRAZO:

O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte de publicarse esta convocatoria e remata o 26 de xullo de 2023 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

DOCUMENTACIÓN:

Deberán subir a certificación académica dos estudos realizados, no caso de que se realizaran nunha universidade distinta á de Vigo.

A non presentación da documentación necesaria para a comprobación dos requisitos será causa de exclusión.

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformación@uvigo.es
Teléfono: 986814094
Web:: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion
Taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=32234031

01/09/2023 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 11 de setembro ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Para tal fin deberán empregar o formulario de alegacións existente na Secretaría Virtual.

Enlace a taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

28/09/2023 Resolución reitoral de solicitudes excluídas definitivas

Observacións

Enlace a taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

29/09/2023 Listaxe provisoria de solicitudes con bolsa concedida e listaxe de agarda

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 6 de outubro ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Deberán empregar o formulario de alegacións existente na Secretaría Virtual

Enlace a taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

10/10/2023 Resolución reitoral definitiva de solicitudes con bolsa concedida e listaxe de agarda

Descrición

Enlace a taboleiro

Observacións

A renuncia voluntaria unha vez iniciada a bolsa deberá realizarse mediante o formulario de renuncia existente na Secretaría Virtual e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo https://sede.uvigo.gal dirixido á Sección de Axudas e Bolsas e o titor/a, cun mínimo de 15 días de antelación á data en que se fará efectiva a renuncia. A renuncia dará lugar á perda dos dereitos económicos correspondentes á parte da bolsa non realizada e á concesión da bolsa á seguinte persoa da listaxe de agarda previa resolución.

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás