Bolsas para a realización de cursos no Centro de Linguas, curso 2022/2023
Tipo | Bolsa de estudo |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | 2022_2023 Bolsas_Centro_Linguas |
Data inicio solicitudes | 24/02/2023 |
Data fin solicitudes | 13/04/2023 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/10827 |
Descripción | OBXECTO Estas bolsas teñen por obxecto facilitar a aprendizaxe de linguas estranxeiras ao alumnado de titulacións oficiais da Universidade de Vigo financiando o custo de matrícula nos cursos do Centro de Linguas da Universidade CONTÍA: A contía individual máxima da bolsa será equivalente ao 75% do importe de matrícula do curso ou exame de linguas. So se percibirá o importe correspondente a 1 curso |
Requisitos |
|
Documentacion | SOLICITUDE: 1. As persoas solicitantes deberán encher o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/10827 descargalo e presentalo na Sede Electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, pondo en asunto “Bolsa do Centro de Linguas ”, achegando unicamente o formulario coa solicitude O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para as persoas interesadas neste procedemento (art. 66.6 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, solicitaráselle que a presente electrónicamente. DOCUMENTACIÓN: No formulario en liña achegarase a seguinte documentación (non hai que subir a documentación á sede electrónica):
|
Observacións | No suposto de que o orzamento dispoñible non fose suficiente para atender a todas as persoas con dereito a percibir a bolsa, estas serán adxudicadas, respectando as prioridades establecidas, en función da nota media ponderada do expediente:
Para a ponderación, no caso de estudos realizados en universidades españolas, terase en conta a nota media que, de acordo cos datos da Clasificación Internacional Normalizada da Educación (ISCED), corresponda á súa titulación na universidade na que a cursou. Para os estudos realizados no estranxeiro, a ponderación realizarase tendo en conta as notas medias ISCED para estudos estranxeiros. |
Prazo para resolver | 3 meses |
Silencio administrativo | Desestimatorio |
Documentos da convocatoria | |
Ligazóns da convocatoria | |
Correo electrónico: | bolsasformacion@uvigo.es |
Teléfono: | 986 81 40 94 |
Web: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo |
Taboleiro-convocatoria: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=35F061F34AA7DB9302548520D5E1CFB5?idtaskdata=31260072 |
Taboleiro-ampliación prazo: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=31573309 |
18/04/2023 Listaxe provisoria de admitidos e excluídos
Observacións | |
Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 3 de maio ás 23:59 horas (hora peninsular española) | |
Documentos da fase da convocatoria: | |
11/05/2023: Listaxe definitiva de solicitudes excluídas
Observacións | |
Documentos da fase da convocatoria: | |
15/05/2023: Listaxe provisoria de persoas con bolsa concedida e denegada
Observacións | |
Documentos da fase da convocatoria: | |
16/06/2023: Listaxe definitiva de persoas con bolsa concedida e denegada
Observacións | |
Documentos da fase da convocatoria: | |