Tipo | Mobilidade estudantes |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | 2022_2023 Mobilidade RSU |
Data inicio solicitudes | 17/02/2023 |
Data fin solicitudes | 09/03/2023 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/10816 |
Descripción | OBXECTO
Por medio desta bolsa os /as estudantes de Grao ou Mestrado oficial da Universidade de Vigo poderán realizar unha estadía vinculada a un axente de cooperación no marco dun proxecto ou acción de cooperación nun pais dos sinalados nesta convocatoria, e que o traballo que desenvolva sexa validado no marco de traballos de fin de carreira, prácticas, ou traballos recoñecidos no marco de materia.
O obxectivo desta acción é a sensibilización do estudantado a través da súa participación nos proxectos de Cooperación internacional para o Desenvolvemento, coa fin de que integren elementos teóricos e prácticos adquiridos na súa formación académica e contribúan como universitarios e cidadáns comprometidos cos retos globais contidos na Axenda 2030.
Coa fin de potenciar o papel da Universidade de Vigo como axente de Cooperación resérvase unha bolsa para realizar estadías en cada un dos proxectos de cooperación ao desenvolvemento no exterior da UVigo financiados pola Cooperación Galega vixentes no momento de publicación desta convocatoria. De non existir persoas candidatas as bolsas en cada un dos proxectos serán acumuladas de acordo coa prioridade establecida na base oitava. |
Requisitos |
- Estar matriculado no curso 2022/2023 nunha titulación de Grao ou Mestrado oficial da Universidade de Vigo.
- Ter superado o 50% dos créditos da titulación de Grao.
- Realizar a estadía nun dos países establecidos no IV e no V Plan Director da Cooperación Española, Países de Asociación Menos Avanzados (Cabo Verde, Guinea Bissau, Etiopía, Malí, Mauritania, Mozambique, Níxer, Senegal e Haití) ou nos Países de Asociación de Renda Media (Bolivia, Colombia, Cuba, Ecuador, O Salvador, Filipinas, Guatemala, Honduras, Marrocos, Nicaragua, Palestina, Paraguai, Perú e República Dominicana).
- Comprometerse a realizar prácticas, un traballo académico con recoñecemento curricular ou defender o Traballo Fin de Estudos, no curso 2022/2023 ou2023/24 en temáticas relacionadas con:
- Axenda 2030 e os obxectivos de desenvolvemento
- Cooperación ao desenvolvemento: cooperación financeira; cooperación técnica; axuda alimentaria e axuda humanitaria; principios e fundamentos xurídicos; política e xestión; cooperación e muller; dereitos humanos; ONG e outros actores da cooperación ONG; cooperación empresarial; cooperación universitaria.
- Contar coa aceptación dun axente de cooperación responsable do proxecto de cooperación no exterior (ONG, Asociación, Fundación, Universidade)
- Contar co visto e prace dun/dunha profesor/a da UVigo, no que se reflicta o interese formativo da estadía, en que constarán as indicacións do recoñecemento curricular que poidan supoñer para o/a estudante (prácticas, materias, ou traballo fin de estudos).
- Para aqueles países cuxo idioma oficial non sexa nin español nin portugués cómpre acreditar, segundo o Marco Común Europeo de Referencia, o nivel B1 de inglés/ francés.
- Non poderán ter a condición de beneficiarios/as persoas que residan habitualmente no país no que se solicita a estadía.
|
Documentacion | SOLICITUDES
As persoas solicitantes deberán encher o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/10816, descargalo e presentalo na Sede Electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, e pór como asunto “Bolsas de mobilidade para participar en proxectos de cooperación”, achegando unicamente o arquivo coa solicitude.
Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Universidade de Vigo dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes: https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2020-06/Guia_rexistro_instancia_xenerica_gl.docx.pdf. No caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios, poderán dirixirse ao enderezo electrónico sede@uvigo.gal.
No formulario en liña achegarase a seguinte documentación(non hai que subir a documentación á sede electrónica):
- Documentación acreditativa da formación e/ou experiencia en voluntariado e cooperación ao desenvolvemento.
- Documentación acreditativa do idioma.
- O alumnado que accedeu ao Mestrado oficial desde estudos cursados en universidades estranxeiras deberá aportar a Declaración de Equivalencia de Nota media solicitada ao Ministerio de Educación y Formación Profesional a través do seguinte enlace:
https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/gestion-titulos/estudios-universitarios/titulos-extranjeros/equivalencia-notas-medias.html
|
Observacións | As persoas beneficiarias das bolsas están obrigadas a:
- Asistir á formación organizada pola UVIGO e a entidade de cooperación.
- A xestionar a súa viaxe, aloxamento, vacinacións e de ser ser o caso tramitar o visado e realizar calquera outra xestión necesaria para asegurar a permanencia no destino durante a duración do estadía.
- Durante a estadía:
- Enviar por correo electrónico a bolsas@uvigo.es a súa chegada ao pais de destino xustificante de inicio de estadía asinado polo/a titor/a da entidade de acollida
- Cumprir co plan de traballo presentado na solicitude. Calquera modificación (de datas, centro de destino...) deberá ser autorizada pola vicerreitora de Benestar, Equidade e Diversidade, á vista dos informes dos/as titores/as.
- Cumprir a normativa vixente relativa ás prácticas externas establecidas pola universidade responsabilizándose da tramitación dos documentos que corresponda.
- Ao finalizar a estadía:
- Presentar un informe do/a titor/a da entidade de acollida que recolla a data de fin da estadía e o grao de desempeño.
- Presentar unha memoria xustificativa do traballo realizado, resultados acadados e coñecementos adquiridos, que deberá contar co visto e prace do/a profesor/a.
- Cubrir unha enquisa de satisfacción ao regreso da estadía.
- Deberá presentar na Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade documentación visual da súa estadía (fotografías ou vídeos en formato .JPG) e da súa participación no proxecto. En todo o material que se xere das actividades que se desenvolvan no marco desta convocatoria deberá constar que se levaron a cabo con financiamento da RGCUD no marco da vixente convocatoria da Uvigo.
- Participar nunha actividade de sensibilización que determinará a Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade, en que relatará a súa experiencia no terreo
- Defender o traballo fin de estudos, matricularse/recoñecer as prácticas, ou a materia relacionada coa actividade, segundo sexa o caso, no curso 2022/2023 ou 2023/2024.
|
Prazo para resolver | 3 meses |
Silencio administrativo | Desestimatorio |
Documentos da convocatoria |
|
Ligazóns da convocatoria |
Correo electrónico: |
Enderezo electrónico |
Teléfono: |
986 81 40 94 |
Web: |
https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade |
Taboleiro: |
https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=4EA542E792CC55011EDE8A09C585EF33?idtaskdata=31207042 |