Novidades
Debido a un cambio nos certificados dixitais distribuídos ás universidades por RedIris, a partir deste venres 21 de novembro a conexión a eduroam deixará de funcionar e será necesario reinstalar o cliente de eduroam (https://www.eduroam.app/) para que actualice os certificados.
Estes días estanse a recibir correos solicitando as credenciais de acceso.
A ter en conta
Ten en conta que nunca, nin a uvigo, nin ningunha outra institución ou servizo vai a enviar un correo solicitando as túas credenciais. Este tipo de correos son sempre un fraude.
En caso de que xa introduciras as túas credenciais deberás acceder ao sistema lexítimo e cambiala por outra. Por exemplo, se introduciches o teu correo da uvigo accede a cambiar o contrasinal da túa conta de correo.
Recomendacións básicas de seguridade
- Nunca premas nunha ligazón que recibas por email salvo que sexa un correo que sabes de antemán que vas a recibir.
- Emprega un xestor de contrasinais, por exemplo KeePassXC.
- Nunca empregues o mesmo contrasinal para máis dunha aplicación. Por exemplo, usa un contrasinal para a túa conta de correo UVigo, outro para a de Gmail, outro para a de Amazon, etc.
- Usa contrasinais longos e con variedade de caracteres: polo menos 10 caracteres, mesturando maiúsculas, minúsculas, símbolos e números. Podes verificar a calidade dos teus contrasinais empregando ferramentas como: https://www.security.org/how-secure-is-my-password/
- Naqueles servizos que o permitan, activa o segundo factor de autenticación.
Este curso 2025/26 contamos cunha nova instalación limpa de Moodle, baseada na última versión LTS.
Isto implica que:
- No MooVi actual só se atopan os espazos para as materias do curso 2025/26, non están as materias de anos anteriores.
- O profesorado que desexe reutilizar contidos deberá xerar unha copia de seguridade das materias do curso pasado (consulta esta faq) e posteriormente restaurala no Moodle do curso actual (consulta esta faq).
- As materias de TFM e TFG do curso 2024/25 que continúan con actividade docente seguen accesibles na plataforma do curso pasado.
As materias dos cursos 2022/2023, 2023/2024 e 2024/2025 pódense consultar en:
Agradecemos a vosa colaboración e comprensión neste proceso de actualización, que busca ofrecer un campus máis estable e seguro.
Para mellorar a experiencia de usuario/a no tocante a MooVi procedeuse eliminar as materias correspondentes ás titulacións oficiais dos cursos 2020/21 e 2021/2022 da máquina en produción.
O profesorado que desexe consultar ou realizar unha copia de seguridade dalgunha materia destes cursos, pode acceder desde a seguinte ligazón:
https://moovi2020-2022.uvigo.gal
Ten en conta que:
- O acceso está só habilitado para o profesorado (o alumnado non pode acceder) e desde a rede da UVigo. Se precisas acceder desde o exterior deberás empregar unha VPN.
- Só poderás identificarte mediante o acceso centralizado. As contas de usuario locais de MooVi están deshabilitadas.
- A edición dos contidos está bloqueada, só podes consultar os contidos, facer copias de seguridade e descargalas.
Dende xuño de 2023, o acceso a:
quedará restrinxido unicamente a ordenadores conectados á rede da Universidade de Vigo. Recorda que se debes acceder a estes servizos dende fóra da uvigo podes empregar unha VPN.
Os expedientes posteriores ao 09/03/2018 pódense seguir consultando na Plataforma de Contración do Sector Público.