Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Axudas FPI 2025_Cuarta convocatoria

Recursos Humanos de I+D

21-10-2026

Hoxe publicouse no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo a Resolución reitoral de 21 de outubro de 2026 pola que se convoca por procedemento de urxencia unha axuda para a contratación de persoal investigador predoutoral en formación asociado ao «Proyectos de generación de conocimiento 2024», PID2024-156623OB-C21.

O prazo para presentar as solicitudes remata o 4/11/2026 ás 23.59 horas e debe presentarse polo procecemento exclusivo na sede electrónica «SRHI_Solicitude de axudas FPI_2025»