Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
ASOCIACIÓNS - Proceso actualización censo público da Universidade de Vigo
Información xeral
28-07-2026Asociacións estudiantís: Actualización no censo da UVigo.
Infórmase ás asociacións universitarias actualmente inscritas e vixentes no Censo de Asociacións da Universidade de Vigo que deben actualizar anualmente a súa documentación e comunicar calquera modificación producida na entidade (xunta directiva, estatutos, domicilio social ou outros datos rexistrados).
A actualización desta información constitúe un requisito esencial para manter a condición de asociación universitaria recoñecida pola Universidade de Vigo, así como para garantir a correcta incorporación e actualización dos datos no censo público de asociacións estudantís da institución.
Recoméndase revisar detalladamente os requisitos e a documentación exixida na convocatoria, así como presentar toda a información dentro dos prazos establecidos.
Agradecemos a vosa colaboración para manter actualizado o censo de asociacións e favorecer a participación da comunidade universitaria.
- extension@uvigo.gal
- +34 986 813 626