Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

ESTUDANTADO: 2ª Convocatoria Programa Acompañamento Psicolóxico - 2026

Información xeral

20-04-2026

PAP: Programa Acompañamento Psicolóxico.

A Universidade de Vigo publica a SEGUNDA CONVOCATORIA que regula a participación no programa acompañamento psicolóxico (PAP) ao estudantado da Universidade de Vigo con dificultades derivadas das actividades académicas no ano 2026.

O número de prazas totais para os 3 campus é de 27.

A saúde mental na xuventude continua a ser un tema cada vez máis relevante e fonte de preocupación, tanto para as familias coma para as administracións públicas e educativas, neste ano 2026 as universidades públicas galega e o Servizo Galego de Saúde queren seguir a promover unha conciencia sobre as alteracións e malestares derivados da experiencia académica que afectan á saúde mental. 

Solicitudes do 20 ao 30 de abril de 2026