Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Sesión 4. A lingua da animación
Decorado, de Alberto VázquezMiguel Angel Delgado
Nesta nova sesión achegarémonos ao mundo da animación feita en Galicia a través de Decorado, unha das pezas máis recoñecidas do director coruñés Alberto Vázquez. Trátase dunha obra breve pero impactante, que combina humor, crítica social e unha estética moi persoal.
A proxección servirá para descubrir como a animación en galego continúa a medrar, explorando novos estilos e formas de contar historias. Unha oportunidade para coñecer unha creación premiada internacionalmente e para reflexionar sobre o papel da nosa lingua no audiovisual.
A entrada é libre ata completar a capacidade da sala. Agardamos por vós.
Data: 22 de abril (mércores)
Hora: 19.00 horas
Lugar: Auditorio do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (Edificio Cambón)
O ciclo, organizado pola Área de Normalización Lingüística coa colaboración da Deputación de Pontevedra, constará de cinco sesións con películas e curtametraxes galegas e posteriores coloquios e mesas redondas con algunhas das súas persoas protagonistas.
Pode consultalo en https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/avisos/aviso/show/48300
- CARTEIS_III_Cinema_Galego_04 [535.3 Kbytes]
- anl@uvigo.gal
- 986 813 574
- https://www.uvigo.gal/campus/lingua