Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
3.ª edición do ciclo «A lingua galega no cinema»
Información cultural
13-04-2026 ata: 15-04-2026Sesión 3. A lingua da historia
San Simón, de Miguel Angel Delgado
Un relato de resistencia, dor e dignidade. Unha película rodada na propia illa. Un exercicio de memoria colectiva.
Data: 15 de abril (mércores)
Hora: 19.00 horas
Lugar: Auditorio do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (Edificio Cambón)
O ciclo, organizado pola Área de Normalización Lingüística coa colaboración da Deputación de Pontevedra, constará de cinco sesións con películas e curtametraxes galegas e posteriores coloquios e mesas redondas con algunhas das súas persoas protagonistas.
- CARTEIS_III_Cinema_Galego_03 [535.46 Kbytes]
- anl@uvigo.gal
- 986 813 574
- https://www.uvigo.gal/campus/lingua