Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
VOLUNTARIADO - Campaña de reforestación e recuperación de danos polos incendios
Información voluntariado
17-04-2026Ainda estás a tempo de participar no proxecto de voluntariado propio da Universidade de Vigo: "Campaña de reforestación e recuperación de danos polos incendios".
Actuaremos nunha zona que estaba plagada de mimosas (especie invasora) que arderon xunto a algúns piñeiros. Recuperaremos o terreo nesa zona plantaremos especies autóctonas. Esto o levaremos a cabo nunha das parcelas da asociación Ridimoas entre Carballeda de Avia e Beade, pola que pasa un camiño centenario que podemos axudar a recuperar coa acción de voluntariado.
As tarefas específicas son:
- Eliminación por troceado e astelado de restos queimados e espallalos polo terreo para axudar a protección do solo e a rexeneración (mulching).
- Troceado e apilado de leña gruesa de mimosa (Acacia dealbata) e piñeiro queimado.
- Corta e astelado de brotes de mimosa, (Acacia dealbata), especie invasora.
- Plantación dalgúns exemplares de sobreira (Quercus suber), érbedo (Arbutus unedo) e acivro (Ilex aquifolium).
Datas realización: 1 e 2 de maio (as persoas voluntarias poderán elixir entre asistir os dous días ou ben so un deles)
Número de persoas voluntarias:
- Pontevedra e Vigo: 29 para o día 1 de maio e 39 para o día 2 de maio.
- Ourense: 15 para cada un dos días.
Servizo de autobús, os lugares e horarios de saída son:
- Pontevedra: Escola de Enxeñaría Forestal, Campus A Xunqueira, ás 9:00.
- Vigo: Rúa Areal, 46 (diante da actual sede Zona Franca, no cruce entre a Rúa Areal e a Rúa Oporto) ás 9:30.
- Ourense: Diante do Edificio de Ferro, ás 9:30.
Consultar información en: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public/proyecto/show/171
- extension@uvigo.gal
- +34 986 813 626