Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

VOLUNTARIADO - Campamento Agarimos - Acougo

Información voluntariado

20-03-2026

Anunciamos o programa de voluntariado "Campamento Agarimos" da Asociación Galega de Familias de Acollida (ACOUGO)

Este proxecto ten como obxectivos:

  • Transmitir os fins e valores de Acougo
  • Definir e consolidar programas de voluntariado para dar respostas ás necesidades sociais.
  • Xerar un espazo de formación para as persoas voluntarias sobre acollemento familiar e o sistema de protección.
  • Sumar persoas ao proxecto de Acougo.
  • Fortalecer o traballo sobre o acollemento familiar a través do voluntariado

Lugar de realización: Albergues ou residencias de Galicia