Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

TU2502 - 2º concurso acceso Profesores/as Titulares de Universidade - Modificación da convocatoria

Convocatoria de prazas de PDI

19-03-2026 ata: 19-06-2026

Con data de hoxe publicouse no BOE modificación da convocatoria do concurso TU2502. Con ela rectifícase o perfil de acceso das prazas convocadas como números 1, 2, 3, 4, 5, 9, 10 e 11, requiríndose unicamente estar en posesión de certificado r3/i3.

Como consecuencia:

a) Ábrese novo prazo de solicitudes para estas 8 prazas de 20 días hábiles a contar dende mañá 20/03/2026, polo que pechará o 23/04/2026. Non obstante o anterior, aquelas persoas que xa levaran a cabo os oportunos trámites (inscrición, pagamento e presentación en sede) NON terán que volver facelo, sendo válidas as actuacións previas. 

b) As outras tres prazas (as convocadas como números 6, 7 e 8) non se ven afectadas, polo que o prazo de presentación de solicitudes será o inicial, pechando o 23/03/2026. O procedemento continuará para elas de xeito separado.