Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Concurso de Pitches de investigación do Grupo Compostela de Universidades
Internacionalización
13-03-2026 ata: 31-03-2026O Grupo Compostela de Universidades (GCU) convoca un concurso de Premios para Pitches de Investigación co obxecto de promover e recoñecer o traballo de investigación que se desenvolve nas universidades socias do Grupo.
Poderá participar o persoal investigador da UVigo que estea integrado nun grupo de investigación, o estudantado de doutoramento e as persoas beneficiarias de bolsas de investigación.
As candidaturas poderán presentarse ata as 12.00 pm (mediodía) do 31 de marzo de 2026. A carta de apoio que esixe a convocatoria deberá solicitarse antes do 27 de marzo a internacional@uvigo.gal achegando o vídeo que se vai presentar ao concurso ou unha breve descrición en inglés da investigación que se quere difundir no pitch.
Máis información e bases aquí.
- Letter of support UVigo [318.87 Kbytes]
- internacional@uvigo.gal
- +34 986 813587