Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
VOLUNTARIADO - UVigo para todas as persoas: Camiños cara á inclusión universal nos centros
Información xeral
03-03-2026Dende o 3 de marzo de 2026 pódese participar no proxecto de voluntariado propio da Universidade de Vigo: "UVigo para todas as persoas: Camiños cara á inclusión universal nos centros".
Entre os obxectivos do programa están:
- Realizar un inventario nos percorridos principais de ramplas, ascensores, portas e anchos de paso en cada centro para verificar se cumpren coas normativas de funcionalidade e autonomía.
- Localizar puntos críticos ou "puntos negros" que impidan a libre circulación.
- Implicar aos centros e ao estudantado na detección de necesidades reais, transformando a percepción do seu centro de estudos ou traballo nun espazo compartido onde a inclusión sexa responsabilidade de todas as persoas.
- extension@uvigo.gal
- +34 986 813 626