Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
A Universidade de Vigo publica a CONVOCATORIA que regula a participación no programa acompañamento psicolóxico (PAP) ao estudantado da Universidade de Vigo con dificultades derivadas das actividades académicas no ano 2026.
A saúde mental na xuventude continua a ser un tema cada vez máis relevante e fonte de preocupación, tanto para as familias coma para as administracións públicas e educativas, neste ano 2026 as universidades públicas galega e o Servizo Galego de Saúde queren seguir a promover unha conciencia sobre as alteracións e malestares derivados da experiencia académica que afectan á saúde mental.
Consultar a convocatoria en: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1775
- extension@uvigo.gal
- +34 986 813 626