Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Sexenios investigación 2025 - Convocatoria da UVigo para CD, PPL e AD
Información ao PDI
07-01-2026 ata: 07-06-2026Con data de hoxe publícase Resolución de 7 de xaneiro de 2026 da Universidade de Vigo pola que se aproba a convocatoria para a presentación de solicitudes de avaliación da actividade investigadora para o profesorado contratado doutor, o profesorado permanente laboral e o profesorado axudante doutor, correspondente ao ano 2025.
OBSERVACIÓNS DE INTERESE:
A. Como novidade, o procedemento ten dúas fases:
- Unha primeira de solicitude ANTE A UNIVERSIDADE DE VIGO do inicio do procedemento. Presentarase a través da sede da UVigo. Comprobados os requisitos de admisión, en caso positivo notificaráselle a través de sede a autorización. Esa atorización DEBE presentarse ante a ANECA como parte da documentación preceptiva.
- Unha segunda de solicitude de avaliación ANTE A ANECA, a través da súa sede, como viña sendo habitual. Lembre: entre a documentación a engadir TERÁ QUE PRESENTAR A AUTORIZACIÓN PREVIA DA UNIVERSIDADE, PERMITÍNDOLLE CONTINUAR CO PROCEDEMENTO.
B. Prazos:
- Para a primeira das fases, do 9 ao 22 de xaneiro de 2026
- Para a segunda das fases, do 9 de febreiro ao 2 de marzo de 2026
C. A folla de servizos debe ser posterior á data de hoxe, polo tanto, do 8 de xaneiro de 2026 en adiante.
D. As validacións de sexenios obtidos previamente noutra universidade ou institución NON se rexerán polo procedemento anterior. Directamente se presentará a solicitude ante a Universidade de Vigo. Prazo do 9 ao 22 de xaneiro de 2026