Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
A AECT da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal informa de que xa están publicadas, na Web do IACOBUS as Bases das novas Convocatorias do Programa IACOBUS 2025-2026.
- IACOBUS – ESTANCIAS DE INVESTIGACIÓN
Prazo de presentación de solicitudes: do 24 de novembro ata o 23 de decembro de 2025.
O programa IACOBUS ten como obxectivo principal fomentar a cooperación e o intercambio entre os recursos humanos de Universidades, institucións de ensino superior e centros tecnolóxicos da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.
A modalidade ESTANCIAS DE INVESTIGACIÓN está dirixida a docentes (PDI), investigadores pre e posdoutorais e persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) pertencentes a institucións de Educación Superior da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (Universidades, Institutos Politécnicos e Centros Tecnolóxicos).
As persoas interesadas poderán presentar as súas candidaturas directamente no portal do programa.
As cartas esixidas na convocatoria deberán remitirse á Vicerreitoría de Internacionalización (internacional@uvigo.gal), para a súa sinatura:
- Cartas de autorización ao persoal da UVigo que queira participar neste Programa (Anexo II).
- Cartas de aceptación do persoal que escolla a UVigo como institución de destino (Anexo I). Neste caso, o envío debe facelo o persoal da UVigo que asuma a recepción do persoal visitante.
Máis información en: https://iacobus.gnpaect.eu/gl
Bases da convocatoria e anexos: https://iacobus.gnpaect.eu/gl/descargas
- Modelos de cartas de autorización [1174.82 Kbytes]
- internacional@uvigo.gal
- +34 986 813587