Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
A Universidade de Vigo publica a convocatoria que regula o protocolo en materia de acompañamento psicolóxico ao estudantado da Universidade de Vigo con dificultades derivadas das actividades académicas.
A Universidade de Vigo considera de vital importancia promover unha conciencia sobre as alteracións e malestares derivados da experiencia académica que afectan á saúde mental, motivo polo que leva a cabo este proxecto piloto en virtude de convenio asinado entre o Servizo Galego de Saúde e as tres universidades galegas o trinta de outubro de 2025.
Solicitudes do 3 ao 10 de novembro de 2025 nesta ligazón: formulario
- extension@uvigo.gal
- +34 986 813 626