Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Informamos de que o proxecto de voluntariado FIR: Festival Internacional Rebulir, precisa persoas voluntarias.
Os obxectivos deste proxecto realizado en colaboración coa Asociación Cultural Rebulir son poñer en valor a cultura galega en relación con outras culturas e propiciar o intercambio intercultural, fomentar o coñecemento cultural de culturas alleas por medio da música, a danza e a gastronomía e desenvolver habilidades sociorelacionais entre os participantes e veciños.
Do 18 ao 20 de decembro de 2025 en Ramirás, Celanova e Ourense.
- extension@uvigo.gal
- +34 986 813 626