Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Campaña vacinación antigripal 2025

Prevención de riscos laborais

20-10-2025 ata: 30-10-2025

O Servizo de Prevención de Riscos Laborais, en colaboración co Servizo de Prevención Alleo (CUALTIS), organiza a campaña de vacinación antigripal 2025 dirixida ao persoal traballador da Universidade de Vigo.

Se está vostede interesado/a en vacinarse deberá encher o formulario que atopará accedendo á súa Secretaría Virtual na aplicación de "Formularios e Enquisas > Privadas > Solicitude de vacinación 2025" O prazo para solicitar a vacina remata o 30 de outubro de 2025.

Lembramos que esta vacinación vai dirixida a uns grupos de poboación diana cuxa descrición pode atopar na "Instrución campaña vacinación antigripal 2025" do SERGAS. A incorporación dos grupos da poboación diana será secuencial: 

A partir do 10 de novembro

  • Persoas de 60 e máis anos
  • Persoas menores de 60 anos con patoloxías de risco
  • Embarazo e puerperio

A partir do 1 de decembro

  • Convivintes con persoas dos grupos de alto risco
  • Resto de poboación

Os servizos de Vixilancia da Saúde comezarán a citar unha vez recibidas as doses.

A anulación da súa solicitude ou cita deberá realizarse enviando un correo electrónico ao enderezo sprl.administracion@uvigo.gal.

Nota: Vixilancia da Saúde non está autorizada para administrar a vacina contra a COVID-19.