Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Simposio Aprendizaxe-Servizo e Axenda 2030: integrando os ODS e a Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento na docencia
Información ao PDI
24-09-2025 ata: 07-11-2025Simposio: Aprendizaxe-Servizo e Axenda 2030
Integrando os ODS e a Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento na docencia
Obxectivos:
- Promover o coñecemento da metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo e da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento no ámbito universitario.
- Reflexionar sobre o potencial da metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo para incorporar os ODS na docencia.
- Incentivar sinerxías entre entidades sociais e a universidade.
- Contribuír á creación dunha comunidade interuniversitaria en materia de Aprendizaxe-Servizo.
Persoas destinatarias:
- Profesorado universitario e persoal en formación.
- Persoal de entidades sociais, ONG, asociacións, administracións públicas, etc.
- Alumnado universitario, egresadas/os e persoas interesadas en xeral.
Data e lugar de celebración:
Día: 7 de novembro de 2025 de 9:30 a 20:00 horas
Facultade de Educación e Traballo Social, Campus de Ourense.
Inscricións:
A inscrición é gratuíta e pode realizarse ate o día 1 de novembro ás 23.59 horas no seguinte enlace:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/14794
Certificado de asistencia:
Emitirase un certificado de asistencia de 10 horas ás persoas que participen nas sesións de mañá e tarde.
Programa preliminar e máis información:
Presentación de pósteres:
Ata o día 1 de novembro poderanse enviar propostas de póster ao enderezo electrónico:
direc.equidade@uvigo.gal
- vice.extension@uvigo.gal
- +34 986 813586