Pasos:
- 1
- 2
- 3
- 4
Simposio Aprendizaxe-Servizo e Axenda 2030: Integrando os ODS e a Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento na docencia
Datos necesarios
Simposio: Aprendizaxe-Servizo e Axenda 2030
Integrando os ODS e a Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento na docencia
Obxectivos:
- Promover o coñecemento da metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo e da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento no ámbito universitario.
- Reflexionar sobre o potencial da metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo para incorporar os ODS na docencia.
- Incentivar sinerxías entre entidades sociais e a universidade.
- Contribuír á creación dunha comunidade interuniversitaria en materia de Aprendizaxe-Servizo.
Persoas destinatarias:
- Profesorado universitario e persoal en formación.
- Persoal de entidades sociais, ONG, asociacións, administracións públicas, etc.
- Alumnado universitario, egresadas/os e persoas interesadas en xeral.
Data e lugar de celebración:
Día 7 de novembro 2025. Facultade de Educación e Traballo Social, Campus de Ourense.
Certificado de asistencia:
Emitirase un certificado de asistencia de 10 horas ás persoas que participen nas sesións de mañá e tarde.
Programa preliminar e máis información:
Presentación de pósteres:
Ata o día 1 de novembro poderanse enviar propostas de póster ao enderezo electrónico:
direc.equidade@uvigo.gal
Datos de contacto
Área de Equidade e Cooperación
direc.equidade@uvigo.es
986130261