Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Protocolo de prevención e acción fronte ao acoso sexual e o acoso por razón de sexo da Universidade de Vigo
Unidade de Igualdade
29-05-2025 ata: 31-12-2035No Consello de Goberno do día 26 de maio aprobouse o novo Protocolo de prevención e acción fronte ao acoso sexual e o acoso por razón de sexo da Universidade que entrou en vigor ao día seguinte de publicarse no taboleiro electrónico, o 28 de maio.
O documento está dispoñible tamén na propia web da Unidade de Igualdade, na versión en galego. Xunto co acceso aos novos procedementos de denuncia telemática, a través da Sede Electrónica, e o formulario de denuncia presencial nas Oficinas de Asistencia en Materia de Rexistros.
Lembramos que tamén está dispoñible un punto lila virtual, unha canle directa e confidencial de información e queixa de situacións de acoso sexual e acoso por razón de sexo no ámbito da Universidade de Vigo.
- igualdade@uvigo.gal
- +34 986 813 419