Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Programa ATRAE 2025_ Acordo de candidaturas preseleccionadas

Recursos Humanos de I+D

15-05-2025

Hoxe publícase no taboleiro de convocatorias da Universidade de Vigo o acordo da Comisión de Investigación realizada o 14 de maio de 2025 polo que se seleccionan as candidaturas que poderán presentar unha solicitude ás axudas para incentivar a incorporación de talento consolidado «Programa ATRAE» por esta universidade. 

As persoas seleccionadas e as que avalan a súa candidatura recibirán un correo electrónico coas instrucións para poder elaborar a solicitude a través da aplicación habilitada pola Agencia Estatal de Investigación.