Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Voluntariado Free-Flow: sumando pasos por ríos máis conectados
Información voluntariado
30-04-2025Informamos que o proxecto de voluntariado "Free-Flow: sumando pasos por ríos máis conectados", Facultade de Bioloxía - CIM da Universidade de Vigo, precisa persoas voluntarias, durante o curso 2024/2025.
O obxectivo deste proxecto é realizar un inventario actualizado do número, localización e características das barreiras fluviais presentes nas cuncas dos ríos Verdugo-Oitavén, Lérez, Mandeo e Masma, para contribuír á mellora do coñecemento sobre a conectividade fluvial.
Lugar de realización:
Nas cuncas do Verdugo-Oitavén, Lérez, Mandeo e Masma, ambos na provincia de Pontevedra. Percorrerase desde o nacemento deses ríos e os seus afluentes ata a desembocadura.
- extension@uvigo.gal
- +34 986 813 626