Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

VOLUNTARIADO - Ocio e deporte inclusivo ENKI

Información voluntariado

09-04-2025

Informamos que o proxecto de voluntariado " Ocio e deporte inclusivo ENKI" da Fundación Abrente-ENKI, precisa persoas voluntarias, durante o curso 2024/2025.

O obxectivo deste proxecto é fomentar a iniciación e acceso ao deporte das persoas con discapacidade, para lograr que se practique con regularidade, mellorar a calidade de vida das persoas participantes, a súa condición física e a súa autonomía, promover a inclusión, reducir a discriminación e os prexuízos a través do coñecemento do colectivo de persoas con discapacidade e ampliar o número de usuarios con diversidade funcional que se inician no deporte.

Lugar  de realización: 

Charlas sensibilizadoras e xornadas provinciais: espazos municipais en diferentes localidades galegas; Campamentos ENKI: Colexio Emilia Pardo Bazán (A Coruña); Actividades puntuais: diferentes espazos de Galicia; Carreira ENKI: na cidade da Coruña