Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria de matrícula en estudos de posgrao para o curso 2024/2025

Matrícula

31-05-2024 ata: 13-10-2024

O pasado 22 de maio publicouse a convocatoria de matrícula en estudos de posgrao para o curso 2024/2025. O primeiro prazo, de preinscrición en estudos de máster, ábrese o 1 de xuño e permanecerá aberto ata as 23:59 do 30 de xuño de 2024, só para alumnado do Máster Universitario en Profesorado. O resto de másteres terán a súa primeira preinscrición do 1 ao 7 de xullo de 2024. Toda a información e os enlaces para acceder á secretaría virtual pode atoparse na web que se indica.