Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
CONCURSOS 2024 - Creación audiovisual, fotografía, pintura e maquetas de música
Información xeral
10-05-2024
Hoxe publícase a RESOLUCIÓN reitoral de 10 de maio de 2024 pola que se convocan concursos de creación audiovisual, fotografía, pintura e maquetas de música para o ano 2024.
Prazo de presentación de solicitudes: do 13 de maio ata o 30 de xullo de 2024, ás 23:59 horas (hora peninsular española).
Prazo de presentación da obra: neste mesmo prazo terá que cargarse a obra de acordo coas indicacións establecidas nas bases de cada modalidade (recoméndase que o día que presenten a solicitude en sede a continuación presenten a obra no aplicativo DPV).
- extension@uvigo.gal
- +34 986 813 626