Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
O 19/02/2024 foi publicada no DOGA a ORDE do 27 de decembro de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedementos ED481B e IN606B) .
A Universidade de Vigo fará unha preselección interna de candidaturas conforme aos criterios aprobados na Comisión de Investigación realizada o 22/02/2024, polo que as persoas interesadas deberán presentar unha declaración de interese, acompañada da documentación e sinaturas indicadas para cada caso, antes das 14.00 horas do día 29 de febreiro.
Para poder presentar unha candidatura pola Universidade de Vigo é imprescindible seguir todos os pasos detallados no procedemento interno que se publica xunto coa convocatoria.
- seleccion.rhi@uvigo.gal
- +34 986 813 599