Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Proxecto de voluntariado propio da Universidade de Vigo: Axenda 203. Axentes de cambio.

Información voluntariado

19-02-2024 ata: 31-05-2024

Proxecto de voluntariado propio da Universidade de Vigo: Axenda 203. Axentes de cambio.

Periodo de inscrición: Prazo de inscrición ampliado ate o día 23 de febreiro.

Desenvolvemento: Do 26 de febreiro ao 31 de maio de 2024

Obxectivo xeral:As persoas voluntarias, darán a coñecer entre o alumnado da Uvigo a través dunha serie de actividades a Axenda 2030.

Esta Axenda, aprobada pola Asemblea de Nacións Unidas en 2015, é un plan de acción global centrado no planeta e nas persoas que busca avanzar na prosperidade, na xustiza e na paz universal a través de implementación de 17 obxectivos, os denominados Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
(ODS). Estes obxectivos van acompañados, a súa vez, de 169 metas que deben inspirar ás políticas públicas postas en marcha polas administracións que operan nos Estados, entre elas, as Universidades.

Obxectivo específico: Levar a cabo campañas e actividades de sensibilización na Uvigo sobre o contido dos 17 ODS da Axenda 2030.

Destinatarios do programa: Alumnado dos 3 campus da Uvigo

Perfil das persoas voluntarias: As persoas voluntarias deben:
- Mostrar un compromiso claro e sincero co desenvolvemento sostible.
- Ser persoas creativas e ter habilidades comunicativas.
- Contar con capacidade de traballo en equipo
- Ter interese en coñecer a Axenda 2030. As persoas aceptadas que non teñan formación acreditada en materia de Axenda 2030 a recibirán antes de comezar coas labores de voluntariado

Función da persoa voluntaria: Tarefas de sensibilización sobre a Axenda 2030 e os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible entre o estudantado da UVigo.

Actividades que van a desenvolver:

1- Informar aos estudantes sobre a Axenda 2030 de forma virtual a través de campañas de sensibilización dirixidas á comunidade educativa vía . Tamén se realizará unha actividade de sensibilización de xeito presencial en cada un dos campus.
2- Colaborar na organización e implementación de campañas e actividades vinculadas co proxecto, en modalidade online ou presencial.

Recoñecemento: 1 ECTS por cada 30 horas de colaboración

Data de inicio/incorporación: 26/02/2024
Data de finalización/saída: 31/05/2024

Podes inscribirte no seguinte enlace:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public/proyecto/show/126

Non dubides en contactarnos para calquera cuestión:

Telf: 986130261

email: direc.equidade@uvigo.es