Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades vén de publicar (BOE 5/12/2023) a Resolución da Presidencia da Agencia Estatal de Investigación pola que se aproba a convocatoria de tramitación anticipada, correspondente ao ano 2023, das axudas Juan de la Cierva, do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación para o período 2021-2023.
Para poder presentar unha candidatura pola Universidade de Vigo é imprescindible seguir as instrucións indicadas no procedemento interno e que se debe consultar no enlace do taboleiro de convocatorias.
O último día para presentar o formulario interno é o 17 de xaneiro de 2024.
- seccion.rrhh.investigacion@uvigo.gal
- +34 986 813 599