Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral da Xunta de Galicia

Recursos Humanos de I+D

20-07-2023

No día de hoxe publicouse no DOG a Orde de 6 de xullo de 2023  conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación pola que se establecen as bases para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023. 

No taboleiro de convocatorias está publicado o procedemento que se debe seguir estritamente para poder presentar unha solicitude destas axudas pola Universidade de Vigo. 

Como se anunciou con anterioridade, o último día para comunicar que o borrador da solicitude está compartido na sede electrónica da Xunta de Galicia é o 2 de agosto de 2023.