Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
A partir do vindeiro luns 20, estaremos a realizar probas físicas totalmente de balde nas nosas salas de cardio-fitness dos 3 campus.
1. Persoas destinatarias
Persoas sedentarias da comunidade universitaria que desexen iniciar un cambio no seu estilo de vida.
2. Entrevista previa informativa
- Cita previa gratuíta a través da plataforma campusactivo.uvigo.gal.
- Avaliación da condición fisica saudable con antropometria
- Identificación de necesidades e obxectivos.
3. Programa de exercicio
- Deseño de programa de exercicio físico con apoio e asesoramento técnico personalizado.
- Inclúe acceso á sala cardio-fitness e ao programa de actividades dirixidas .
- Duración: do 20 de marzo ao 31 de maio.
- Modo de acceso: Abono mUVer - 2º cuadrimestre.
4. Custe
Gratuíto.
- extension@uvigo.gal
- 986 812 182