Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Que hai de novo corpo? - Entrevista informativa

Deporte e benestar

20-03-2023 hasta: 31-05-2023

A partir do vindeiro luns 20, estaremos a realizar probas físicas totalmente de balde nas nosas salas de cardio-fitness dos 3 campus.

 

1. Persoas destinatarias

Persoas sedentarias da comunidade universitaria que desexen iniciar un cambio no seu estilo de vida.

 

2. Entrevista previa informativa

- Cita previa gratuíta a través da plataforma campusactivo.uvigo.gal.

- Avaliación da condición fisica saudable con antropometria

- Identificación de necesidades e obxectivos.

 

3. Programa de exercicio

- Deseño de programa de exercicio físico con apoio e asesoramento técnico personalizado.

- Inclúe acceso á sala cardio-fitness e ao programa de actividades dirixidas .

- Duración: do 20 de marzo ao 31 de maio.

- Modo de acceso: Abono mUVer - 2º cuadrimestre.

 

4. Custe

Gratuíto.