Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria axudas para contratación de persoal investigador predoutoral en formación UVigo

Recursos Humanos de I+D

29-07-2022

No día de hoxe publicouse no taboleiro de anuncios da Universidade de Vigo a Resolución reitoral de 29 de xullo de 2022 pola que se convocan por tramitación anticipada as axudas para a contratación de persoal investigador predoutoral en formación da Universidade de Vigo para o exercicio 2023.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 1 de setembro e o 10 de outubro de 2022.