Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Sorteo vogais comisións selección PCD, PTU e CU
Información ao PDI
12-05-2022 hasta: 20-05-2022Estimado profesorado,
Comunicamos que na próxima COAP do mércores, 18 de maio de 2022 sobre as 12:00 h, na Sala de reunión da Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado (terceiro andar do edificio Ernestina Otero), terá lugar o sorteo público da orde dos vogais das comisións de selección das prazas de Profesorado Contratado Doutor (OEP 19 e 21), Profesorado Titular de Universidade (OEP 20 e 21) e de Catedráticos/as de Universidade (OEP 21).
Así mesmo, infórmase que tamén poderase seguir o dito sorteo a través da Sala 10 da Reitoría no Campus Remoto da Universidade de Vigo, no enderezo electrónico seguinte:
https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/999904116
No apartado correspondente a “Acceso estudantado” encherase o “Nome” co nome e apelidos de cada un (aos efectos de poder computar a asistencia virtual), e o apartado “Contrasinal” coa seguinte: 1KxVHD
Pulsarase de seguido en ¨Acceder” e seguiranse as instrucións correspondentes. Conectarase a cámara, cando o presidente o así solicite, unicamente aos efectos de poder proceder á identificación de cada membro.
Debido a que a hora indicada anteriormente é estimada, as persoas interesadas terán acceso no momento en que se proceda a realizar o sorteo.
Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado
- vicprof@uvigo.gal
- +34 986 813 595