Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Bo día,
O día 20 de maio de 12:00 a 14:00 horas terá lugar a primeira Xornada Venres de Voluntariado.
As xornadas Venres de voluntariado, que se organizarán de forma periódica, constitúen unha ocasión para coñecer directamente os distintos programas de voluntariado que oferta a Universidade de Vigo, tanto os programas propios coma aqueles organizados con entidades sociais.
O obxectivo desta xornadas é fomentar a realización de voluntariado entre a comunidade universitaria da Universidade de Vigo así como dar a coñecer ás actividades que desenvolven as entidades sociais coas que colabora a nosa universidade.
A xornada será virtual a través do campus remoto, as chaves de acceso serán proporcionadas as persoas, unha vez confirmada a preinscrición.
Mais información e inscrición:
https://bubela.uvigo.es/bubela/publico/publico.php?funcion=ver_edicion_descripcion&tab=LC&id_edicion=4896
Recibide un cordial saúdo,
,
- Folleto I Xornada Venres de Voluntariado [2006.31 Kbytes]