Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Augaventura Primavera 2022
O programa Augaventura ten xa dúas décadas de historia, unha proposta da Área de Benestar, Saúde e Deporte que ten como obxectivo achegar á comunidade universitaria a práctica de actividades deportivas e lúdicas tanto no mar como nos ríos de Galicia. Trátase de ofrecer, nas súas dúas edicións de outono e primavera, a oportunidade de iniciarse en modalidades acuáticas que, doutro xeito, require contar con material deportivo especializado e custoso. Para esta edición de primavera o programa comprende oito modalidades diferentes: flyboard, descenso de rápidos (rafting), kaiak+snorquel+andaina, surf, wakeboard, windsurf e mergullo, sendo o pedal surf a principal novidade desta edición.
O prazo de inscrición para as diversas actividades está xa aberto a través do Campus Activo. Os prezos varían segundo sexa para membros da comunidade universitaria, para familiares directos e comunidade alumni ou para colectivos vencellados á UVigo. Ademais, poden beneficiarse dun 20% de desconto todas aquelas persoas que teñen o Abono Muver activo.
Toda a información e inscricións no seguinte enlace: https://acortar.link/G55rUw
- extension@uvigo.gal
- 986 812 182