Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Curso : Axenda 2030 _Axentes do Cambio
O Curso "Axenda 2030. Axentes do cambio" ten unha duración de 30 horas e vai dirixido ao alumnado da Universidade de Vigo que teña un forte compromiso coa protección do medio ambiente e coa erradicación das desigualdades.
O principal obxectivo deste curso é formar a estudantes para que coñezan a Axenda 2030. Esta actividade pódese complementar con unha acción de voluntariado, que se desenvolverá a partires de marzo para dar a coñecer a Axenda 2030 e sensibilizar á comunidade universitaria sobre os seus 17 ODS mediante paneis informativos e a organización de actividades.
O curso contará con 30h de formación virtual en MOOVI na que o alumnado accederá aos contidos sobre a Axenda e a vídeos explicativos. As/os estudantes terán unha participación activa a través de foros de debate online e contarán en todo o momento co asesoramento e titorización do equipo docente tanto para elaborar as actividades como para resolver dúbidas.
- Módulo 1. Comprendendo a Axenda 2030
- Módulo 2. As persoas
- Módulo 3. O planeta
- Módulo 4. Unindo ás persoas e ó planeta
Características do curso:
- Data de celebración: Dende o 1 de febreiro a 28 de febreiro
- Modalidade: Virtual se celebrarán a través da plataforma MOOVI.
- Destinatarios: Está destinado a estudantes da Universidade de Vigo.
- Prezo: Gratuíto.
- Duración: 30 horas.
- Recoñecemento: 1 ECTS (Obterase un crédito adicional pola participación na acción de voluntariado Axentes do Cambio que terá lugar a partir de marzo)
- Inscrición: En Bubela. O prazo de preinscrición está aberto dende o 5 ate o día 24 de xaneiro de 2022 .
- Enlace preinscrición Bubela : https://bubela.uvigo.es/bubela/publico/publico.php?funcion=ver_edicion_descripcion&tab=LC&id_edicion=4780
- Criterios de selección : por rigorosa orde de inscrición.
Máis información.
Área de Responsabilidade Social e Cooperación
986130261
direc.rsco@uvigo.es