Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Actuacións tribunais Premios Extraordinarios Doutoramento 2020-2021

Concursos e Premios

18-11-2021 ata: 29-07-2022

Bo día, 

Segundo o Anexo I da Convocatoria, que recolle os criterios de concesión dos Premios Extraordinarios de Doutoramento, no punto 10 establécese o procedemento de actuación dos tribunais encargados de elaborar a proposta de concesión.

Para dar cumprimento á mesma, procedemos no día de hoxe a publicar as actas de constitución dos tribunais de cada ámbito xunto co informe provisional de avaliación, tras o cal, abrirase un prazo de 10 días hábiles para que os solicitantes poidan formular alegacións, se as houbese. Este prazo de alegacións  abranguerá dende o 19 de novembro ata o 2 de decembro de 2021. 

Pódese consultar a seguinte información no taboleiro electrónico da Uvigo:

https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=EFF45DA1BB09B0B2FF97E5EB625F5D2F?idtaskdata=25314188

e na páxina web da EIDO:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/712

Atentamente,